O CIF Lourizán e o Grupo de Innovación Dixital Datalife está a desenvolver, no marco do Proxecto Hispano-Luso HIBA+ (Hub Iberia Agrotech), unha ferramenta para o sector forestal baseada no uso de etiquetas dixitais e sensores para monitorizar ensaios
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán e DataLife están a dar un paso adiante na innovación forestal coa presentación dunha nova ferramenta baseada en etiquetas RFID (identificación por radiofrecuencia) e sensores para monitorizar árbores. Este luns, nas súas instalacións, revelouse unha aplicación que permite desde identificar árbores con etiquetas dixitais, ata coñecer en tempo real variables como, o diámetro normal, ou as necesidades para a optimización da rega e o uso de fertilizantes en ensaios ou coleccións de alto valor xenético ou forestal.
A tecnoloxía, desenvolta polo grupo de innovación dixital DATAlife no marco do proxecto hispano-luso HIBA+ (Hub Iberia Agrotech), utiliza sensores para recoller datos do chan, o ambiente e as propias árbores. Estes datos poden ser de moito interese para mellorar a xestión non só dos ensaios indicados, senón de plantacións forestais, reducindo custos e optimizando recursos. Na presentación, Mercedes Rois Díaz do XERA (Axencia Galega dá Industria Forestal e Enríque Martínez Chamorro do CIF Lourizán destacaron a importancia desta ferramenta poden ter para o futuro da silvicultura.